Xa está dispoñible o percorrido Duatlón Ribadumia 2018.

imaxe circuito

     Xa está definido o circuito do Duatlón Ribadumia 2018.

   Cunhas medidas standarizadas, conformamos un circuíto con tres sectores. Un primeiro de 2,5 km ó que haberá que dar dúas voltas; un segundo sector de bicicleta cunha distancia de 5 km, o que haberá  que dar catro voltas ata completar 20km; e un terceiro e último sector, que haberá que percorrer correndo e que constara de 2,5 km.

  Inda que o percorrido da proba se alonxará un par de kilometros do núcleo de Barrantes, pasando por un entorno de gran beleza natural, entre viñedos e coa vista dos meandros do Umia de fondo, será nas  rúas máis céntricas de Barrantes onde se concentrará o meollo da proba. A saída, zona de transición e meta estarán na Avenida Bouza Martín, pleno centro de Barrantes, que permanecerá cortado o tráfico nese tramo toda a mañá, para garantir a seguridade; e será polas rúas aledañas polas que transcorra a carreira a pe e boa parte do sector en bicicleta.

Para acceder os detalles da proba, xa temos colgado o regulamento nesta mesma web, na sección regulamento e rutómetro . O documento inclue o rutómetro pormenorizado da proba, así como todas as cuestións referidas á proba ( carácteristicas, horarios,  trofeos e premios económicos… )

Tamén podedes acceder os dous circuitos, carreira e bicicleta, colgados na aplicación Endomondo :

http://www.endomondo.com/embed/routes?id=1041565981&width=900&height=600

http://www.endomondo.com/embed/routes?id=1041569397&width=900&height=600

En resumo, o 18 de xaneiro as e os participantes desta proba poderán disfrutar dun circuíto moi completo en canto as características técnicas, e  que transcorrerá tanto por zonas urbanas como entre viñedos e paraxes naturais de gran beleza. E o público poderá disfrutar da emoción da carreira, das intensas transicións e da chegada a meta , e todo coa comodidade de estar en pleno nucleo urban.

sector carreira a pe
Imaxe de satélite do sector de carreira a pe

imaxe

sector carreira en bicicleta
Sector de carreira en bicicleta

A loxística do Duatlón Ribadumia 2018, co apoio de empresas de primeiro nivel.

  En próximos días poderemos avanzarvos cales serán os circuítos do Duatlón Ribadumia 2018, non de xeito definitivo, pero si moi aproximado. Pero mentres tanto seguimos traballando en tarefas organizativas, de reunión de recursos, negociación cos patrocinadores,  a loxística…

 Dende que no ano 2012 iniciamos a nosa andaina organizando eventos deportivos, tivemos moi claro que nos tempos actuais, se se quere ter unha proba con altos estadares de calidade, e que resulte atractiva a participantes e público, unha das cuestións primordiais, e que  hai que contar para os temas loxísticos, incricións e cronometraxes, con empresas de alto nivel.

 En Galicia actualmente hai varias empresas moi competentes na organización de eventos deportivos. Nos, pola nosa banda, xa levamos varios anos confiando en EMEsports e en Ezequiel Mosquera, que non solo foi un gran deportista no seu momento, se non que é un gran profesional .

  Así pois, este ano volveremos contar con esta empresa para cuestións loxísticas e de cronometraxe. Ademais, a inscrición ides poder tramitala a traes da súa web, que conta con todos os certificados de confianza.

 

emesports

Todo muda.

   Durante cinco edicións, un grupo de amigos e amigas, unidos na Asociación Cultural Herminio Barreiro, organizamos, coa axuda doutras entidades, unha proba deportiva que traía ó pequeno lugar de Cabanelas, concello de Ribadumia,   o espectáculo dunha disciplina  denominada  Duatlón Cross, nunha proba que chamamos, non podía ser doutro xeito, Duatlón Cross Ribadumia.

   Pero logo de cinco anos de moitos traballos e alegrías,  chegou a hora de abandonar o espectacular entorno do río Umia.

  Mais non nos imos. Solo mudamos de escenario. Mudamos o monte polo asfalto, e o entorno rural por outro un chisco, solo un chisco, máis urbano.

Sacámoslle a denominación Cross ó nome da proba, pero solo iso se perde. Por que o espiritu mantense, e  as ganas e a ilusión que poñemos dende a organización ganan forza con este  novo reto.

  Así pois, anunciamos hoxe que o “Duatlón Cross Ribadumia”, pasa a denominarse “Duatlón Ribadumia”, mudando tamén dunha proba de monte a unha proba que transcorrerá  integramente por asfalto, e que terá como núcleo do percorrido o centro de Barrantes, no Concello de Ribadumia.

  Tamén movemos a data da proba, voltando as nosas orixes, movemonos para xaneiro. O 28 de xaneiro, para ser exactos. O que non movemos é o  día da semana, pois volveranos tocar madrugar en domingo.

  Acorde a este novo reto, impulsamos nova web e páxina no facebook, a traves das cales vos iremos informando de todas as novidades deste, para nos, novo e ilusionante reto.

E como sempre, estades convidad@s a vivilo con nos.