SUSPÉNDESE A CELEBRACIÓN DO “DUATLÓN RIBADUMIA 2018” DEBIDO A INXERENCIAS POLÍTICAS.

DEBIDO AS INXERENCIAS DUNHA FORZA POLÍTICA, QUE PRETENDE POLÍTIZAR O DUATLÓN PREVISTO PARA ESTE DOMINGO, E ANTE O PERIGO DE QUE SE DESVIRTUE TODO O TRABALLO QUE HAI DETRAS DESTA PROBA, A ASOCIACIÓN HERMINIO BARREIRO DECIDIU, MOI O SEU PESAR, A SÚA SUSPENSIÓN.

ACHEGAMOS COMUNICADO DO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN HERMINIO BARREIRO EXPLICANDO OS MOTIVOS DESTA DECISIÓN.

A ASOCIACIÓN HERMINIO BARREIRO SUSPENDE A CELEBRACIÓN DO “DUATLÓN RIBADUMIA 2018” DEBIDO AS INXERENCIAS POLÍTICAS.

  • Negámonos a participar en xogos políticos, e lamentamos que unha forza política local pretenda usar para os seus intereses propios un evento, organizado por unha entidade allea á política, que viña aportando prestixio ó noso concello dende o ano 2013.
  • Agradecemos todo o apoio prestado por moitas persoas de xeito voluntario, pola Agrupación Local de Protección Civil de Ribadumia, e polo propio Concello de Ribadumia, que axudaron durante estes anos a cumprir o noso soño de que Ribadumia gañara repercusión no mundo deportivo.

A xunta directiva da Asociación Herminio Barreiro, reunida de urxencia a vista do comunicado de prensa emitido por unha forza política, neste caso na oposición do goberno local, no que, en relación ao “Duatlón Ribadumia 2018”, acusa a esta Asociación de discriminar por razón de sexo e fai mención particular á relación dun concelleiro do goberno actual con esta Asociación, queremos facer público o seguinte comunicado:

A acusación desa forza política baséase nunha interpretación interesada das bases que rexen a celebración da proba deportiva, concretamente a referida ó apartado de premios, no que efectivamente establécense dúas posibilidades de premios económicos, a aplicar en función do número de inscritos, separando categorías feminina de masculina, pois compiten por separado, e non en categoría única como pretende facer creer esa forza política no seu comunicado. Non existe pois, ningún tipo de discriminación nin minoración dos dereitos das mulleres, nin moito menos exercicio de machismo ningún.

Como saben os dirixentes desa forza política, a Asociación Herminio Barreiro organiza o Duatlón sen pretender ningún beneficio económico. E faino gracias ó traballo dos voluntarios da Asociación, que cargan co peso da organización e a xestión do evento. O financiamento da proba conséguese a través de varias vías: fondos propios, unha pequena axuda municipal (que este ano 2018 inda non solicitamos), e unha importante aportación de empresas privadas, a inmensa maioría delas de carácter local, que fan un esforzo importante para que este evento sexa posible. Estas aportacións cubren parte dos gastos organizativos (seguros, alugueiro de vallas e equipos técnicos, avituallamentos, etc). Os ingresos restantes proveñen do pago por inscrición d@s participantes, que se dedican a cubrir, en primeiro lugar os premios económicos da proba e, se o nivel de inscritos o permite, axudar co resto de custes. Os premios económicos, para garantir a súa viabilidade, establécense nunha táboa representativa, marcando dúas posibilidades de reparto en función do número de participantes. Os membros da forza política que realizou as acusacións de machismo, non interpretaron correctamente esta parte do regulamento da proba. Efectivamente esta norma podería conlevar a circunstancia de que a categoría feminina, que lamentablemente acostuma a ter unha participación menor, tivera un reparto de premios económicos menor. Pero hai que subliñar que o motivo non é sexista, pois o apoio ó sector feminino, porcentualmente falando en relación o número de participantes por sexo, e maior ó masculino.

Con respecto a participación menor das mulleres nestes eventos, entendemos que o debate non está nas contias, pouco significativas, dos premios dunha proba popular (non oficial), se non noutra serie de cuestións que se escapan do noso ámbito de actuación. En calquera caso, a nosa proba non solo da premios máis altos que outras probas similares, se non que da premios a un maior numero de participantes.

Queremos tamén deixar claro que esta proba lévase celebrando dende o ano 2013, gobernando naquel momento quen agora nos crítica, coas mesmas bases no apartado de premios, sen que isto supuxera ningún tipo de problema. E a este respecto, lamentamos que a forza política que nos acusa inxustamente, non tivera a deferencia de facer o lóxico, que sería dirixirse en primeiro lugar a esta Asociación, e pedir as explicacións oportunas.

Polas súas declaracións é evidente que esta forza política, realmente non ten ningún interese no deportivo nin na loita pola igualdade, se non que busca interesadamente crear algún tipo de conflito de carácter político, e para conseguilo non ten problema en tentar desprestixiar a esta Asociación, a día de hoxe unha das máis activas no Concello de Ribadumia e na comarca do Salnés, con actividades que van moito máis alo do deportivo, traballando no eido social, no infantil e no cultural, e que fai xa tempo que ten un gran recoñecemento como exemplo a seguir no ámbito do asociacionismo no Salnés.

E evidente tamén ,a vista do publicado nos medios de prensa, que esta forza política, que por certo ten membros participando nas direccións de diferentes entidades deportivas, pretende poñer o foco, dando así a entender que somos unha entidade politizada, nun membro da nosa Asociación, socio fundador desta entidade, creada no 2012, gran activista, e que sempre mostrou un gran respecto cara esta entidade e a súa posición apolítica. A este respecto queremos deixar claro que nesta Asociación non lle preguntamos a ninguén pola súa ideoloxía política, nin pola súa relixión, nin moito menos discriminamos, nin por estes motivos, nin por razón de raza, sexo ou condición.

A nosa Asociación sempre estivo, e sempre estará, aberta a participación de quen o desexe.

Dito todo isto. Non imos permitir que se nos implique en loitas políticas de ningún tipo, nin que se desmereza o traballo que dende esta Asociación realizan moitas persoas de xeito totalmente altruísta, dispoñendo do seu tempo e medios particulares para difundir valores positivos e conseguir que o noso concello sexa un lugar mellor.

Despois de conseguir, con moito esforzo, o financiamento necesario para facer isto posible, de realizar os cambios que creiamos que ían ser mais positivos para a reputación da proba, de solucionar os enormes problemas que supón paralizar o trafico nun centro urbano, de definir un circuíto que fora atractivo para publico e participantes… en definitiva, de meses de moito traballo, este domingo, ó redor vinte membros da Asociación Herminio Barreiro tiñan que levantarse as cinco da mañá para facer posible un evento que ía reunir un número de participantes superior a edición anterior, previsiblemente á vista da evolución da inscrición próximo os 150 deportistas chegados de toda Galicia, xunto a máis de corenta voluntarios e traballadores, e unha gran cantidade de público moito do cal quizais non coñecese Ribadumia. E todo isto ía traer beneficios ó noso Concello. Pero nestas condicións non nos sentimos con ánimos para realizar a tarea. Así non.

Polo tanto, debido unicamente as inxerencias de carácter político que poderían desvirtuar a proba , anunciamos a súa suspensión.

Xa pedimos a empresa que xestiona telemáticamente o evento que proceda bloquear o proceso de inscrición, a informar a todas persoas xa inscritas na proba da súa suspensión e que a maior brevidade posible realice a devolución dos custes de inscrición.

De xeito inmediato procederemos a devolver todos os aportes económicos procedentes de empresas privadas, e a darlle a cada unha delas as pertinentes e detalladas explicacións.

Por suposto, todos os custes derivados da suspensión da proba serán asumidos por esta Asociación.

Queremos pedir desculpas en primeiro lugar o actual Goberno de Ribadumia, sen ningunha responsabilidade en todo o acontecido, polas molestias que puideramos ocasionar. Somos conscientes do seu apoio a este evento, e agardamos que sepan entender nosa posición. Tamén queremos desculparnos con todas as persoas e empresas que nos axudan, cos membros da Agrupación Civil de Ribadumia polas molestias que lles puideramos ocasionar. E en terceiro lugar, os e as deportistas que tiñan previsto participar na proba este domingo. Agardamos que entendan que non podiamos permitir que se politizara este evento.

Esiximos á forza política que nos atacou tan inxustamente unhas desculpas e unha rectificación públicas, e que no sucesivo teñan un maior respecto polas entidades que traballan cada día moi duro e de xeito altruista para conseguir que este mundo sexa un lugar mellor.

Por último, Como Asociación seguiremos traballando como ata agora, pero dende logo, non imos tolerar que se nos poñan paus nas rodas, e menos deste xeito. Se se nos sigue atacando desta maneira, e se insiste en tentarnos usar de maneira política, plantexarémonos a nosa disolución.

Albino Cores Rodriguez. Presidente da Asociación Cultural Herminio Barreiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s